Expertos europeos coñecen o proxecto Abalar no IES Sanxenxo

tic copia.jpg SANXENXO> Representantes de trece países da Unión Europea están de visita en Galicia para coñecer a implantación das TIC na educación.

{flowplayer}images/salnes/VISITA_ABALAR_IES_SANXENXO.flv{/flowplayer}

O proxecto Abalar comezou a implantarse nos centros educativos galegos hai dous anos. Galicia converteuse así nunha comunidade pioneira no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, as TIC, dentro das aulas, como unha ferramenta máis para aprender as distintas materias que se imparten en colexios e institutos. O proxecto está a espertar curiosidade noutros países europeos, de aí que estes días, dezaseis representantes de trece países da Unión Europea estean por Galicia visitando varios centros nos que a filosofía Abalar está máis implantada.

O sistema Abalar estase a implantar de xeito masivo nos cursos de quinto e sexto de primaria e primeiro e segundo de ESO. O IES Sanxenxo é un dos centros que leva ligado ó proxecto desde o seu inicio. Comezaron o ano pasado con tres aulas en primeiro da ESO e cursos de formación para o profesorado, Este segundo ano teñen xa os miniportátiles en seis das catorce aulas coas que conta o centro.

A expedición de representantes europeos interesouse por coñecer as posibilidades que ofrece o uso de ordenadores con conexión a internet nas aulas. Ademais, no caso do IES Sanxexo, o centro conta con páxina web e aula virtual propia, e algúns mestres crearon a súa propia ‘wiki’ ou espazo no que os alumnos poden atopar material para estudar a asignatura.

Ademais das aulas incorporadas ó proxecto Abalar, o IES Sanxenxo conta con trinta ordenadores na aula de informática para uso dos alumnos e este trimestre teñen previsto dobrar de quince a trinta o número de postos na clase de tecnoloxía.

Redacción Salnés