O campo de fútbol de Vista Alegre contará cunha pasarela cuberta

BOIRO> O concello de Boiro executará unha pasarela cuberta nos campos de fútbol de Vista Alegre. A actuación, próxima ós 50 mil euros, contempla tamén melloras na zona de vestiarios.

Atendendo ás demandas dos usuarios do campo de fútbol de Vista Alegre, en especial da escola municipal de fútbol, o concello de Boiro vén de adxudicar a construción dunha pasarela cuberta no treito que vai da cantina á entrada. Crearase así un espazo de abrigo no acceso ó recinto deportivo e na zona de tránsito entre os dous campos.

Ademais da pérgola, están previsto tamén acometer outras melloras na instalación deportivaa como a reforma dos vestiarios.

A actuación suporá un investimento de máis de 48 mil euros con cargo ó remanente de tesourería.