Conversas co ciclista Oscar Pereiro

    BOIRO > O ciclista Óscar Pereiro participou esta pasada fin de semana en Boiro nunha charla-coloquio organizada polo propio concello e o Club Ciclista Barbanza. O acto serviu para que o corredor galego contara as súas experiencias neste deporte e analizara a situación actual do ciclismo.

    Un bo número de persoas, a maioría delas xoves integrantes do Club Ciclista Barbanza, déronse cita no Concello de Boiro para asistir a unha charla-coloquio na que participou o ciclista galego Óscar Pereiro.

    No acto, organizado polo propio concello boirés e o club ciclista local que preside Ricardo Riveiro, o corredor galego fixo un percorrido pola súa traxectoria profesional, dende os seus inicios ata a actualidade, pois ven de ser fichado polo Illes Balears, anterior equipo Banesto, no que terá de compañeiro a Alejandro Valverde.

    Sen dúbida un dos momentos máis agardados polos asistentes á charla foi cando o ciclista nado en Mós se referiu ó último Tour de Francia, carreira na que conseguiu unha vitoria de etapa.

    En Boiro tamén analizou outros temas candentes deste deporte na actualidade como son os problemas coa dopaxe, a futura creación dunha escadra totalmente galaga no pelotón profesional ou mesmo o paso da Volta Ciclista a España por terras galegas despois de varios anos de ausencia. Redacción Barbanza