CAMBADOS> Cambados presenta un proxecto para a construción dun parque de deportes urbanos. O espazo acollerá un skatepark, unha pista de parkour e unha zona para a práctica de calistenia. O concello destinará máis de 200 mil euros para o proxecto e agarda que estea rematado antes de final de ano.
Os afeccionados aos deportes urbanos, especialmente demandados entre a xente moza, terán un espazo propio en Cambados. A vila presenta o proxecto de construción dun parque de deportes urbanos.
O espazo dividirase en tres zonas concretas para a práctica deportiva e estará rodeada de árbores e xardíns.
O proxecto ten un custo de máis de 200 mil euros que o concello agarda financiar cos fondos da rede española de cidades saudables.
Coa construción desta área de deportes urbanos o concello da resposta a unha demanda dos afeccionados a este deporte e tamén de numerosos veciños da vila que se queixaban destas prácticas en espazos que non eran os máis axeitados.
A previsión do concello é que o proxecto se licite despois do verán para comezar as obras e rematalas antes de final de ano.