San Lourenzo denuncia á Xunta polas riadas do nó de Curro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/sanlorenzo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/SAN_LOURENZO_CONTRA_XUNTA.mp4{/flowplayer} MEIS> Os comuneiros de San Lourenzo, en Meis, levarán á Xunta ó xulgado polas riadas do nó de Curro. Nunha asemblea celebrada onte, aprobouse por aclamación presentar un contencioso administrativo contra o goberno galego para que corrixa o problema. Este pozo trae de cabeza ós veciños de San Lourenzo, en Meis. Aquí chega a auga das escorrentías tanto do macro enlace de Curro como do Polígono de Barro. Pero en canto chove un pouco de máis, desborda, e leva auga e terra ó pozo de rego da Comunidade de Montes e de aí vai por un regato xa desfeito polas riadas ata o río, pero polo camiño anega fincas, pistas e casas. A Comunidade de Montes responsabiliza directamente á empresa que fixo a obra do nó de Curro e á Xunta, por autorizar a evacuación das augas a un pozo sen capacidade suficiente. E iso van a facer. Na última asemblea ordinaria á que asistiu un cento de comuneiros, acordouse por aclamación presentar un contencioso administrativo contra a Xunta. Os comuneiros de San Lourenzo xa denunciaran publicamente este problema hai uns dous anos, dirixíronse ás administracións e á empresa pero, de momento, ninguén lles deu solución. Nesta parroquia, os veciños están indignados coas obras do macro enlace de Curro, por estas riadas pero tamén porque lles cortaron unha pista asfaltada que comunicaba polo monte os lugares de Ai e Seixos. Na asemblea, os comuneiros contaron coa presenza dun perito e dun avogado.