O bo tempo atrae o interese dos turistas polas Rías Baixas

OCUPACIONSEMANASANTA copia.jpg SANXENXO> Os hoteleiros barallan nestes intres unhas previsións de ocupación elevadas para Semana Santa, e confían no clima como peza clave para salvar a campaña.

{flowplayer}images/salnes/PrevisionOcupacionSanxenxo2.flv{/flowplayer}

Nestes momentos os índices de ocupación para a Semana Santa son moi bos e fan pensar que a deste ano pode ser unha das mellores nos últimos tempos. Con tódolos ollos postos, iso si, nos termómetros. Os valores pouco habituais que están a acadar nos últimos días, son a maior esperanza do sector turístico.

Dende o Consorcio de Empresarios non queren falar de cifras nin facer estimacións prematuras, posto que a situación pode cambiar en calquera momento. Aínda así o índice de consultas é bastante elevado, a xente interesase polos prezos e a situación e Sanxenxo continúa sendo un destino preferente. No que si se están a apreciar certos cambios é no perfil do visitante. Continúa habendo turistas de fora de Galicia, pero son menos e pola contra, os galegos ven cada vez con mellores ollos os destinos costeiros.

Segundo Francisco González, presidente de CETS, esta concentración entre o xoves santo e o domingo, non se debe á crise senón que é un tónica que se ven repetindo xa dende hai anos. No que máis notan a crise os hostaleiros é no consumo. Continúa vindo xente a Sanxenxo, pero cada vez gasta menos diñeiro.

E outro factor que tamén ven derivado da crise é a implantación cada vez máis das tarifas activas. Tarifas que van variando segundo a ocupación. Por exemplo o que reserva con antelación consegue prezos mellores que o que o fai a última hora. Este é o sistema cara o que se camiña, o mesmo que empregan as compañías aéreas.

Redacción Salnés