Destacada actuación dos irmáns Miguéns en Bueu

SALNÉS> Os irmáns vilagarciáns Verónica e Carlos Miguéns veñen de participar na teceira proba puntuable do Campionato Galego de Trial de Clásicas. Os pilotos do Motoclub Sqem completaron unha boa actuación rematando entre os primeiros clasificados.

Bueu acolleu a celebración da terceira proba puntuable para o Campionato Galego de Trial de Clásicas. No evento tomaron parte 24 pilotos chegados dende diferentes puntos de toda Galicia. Preparouse un circuíto polo que os participantes tiveron que dar tres voltas e que constaba de cinco zonas. As tres primeiras realizáronase no monte e discorreron por superficies de terra e pedra. As últimas dúas situáronse no polígono de Castiñeiras, zonas complicadas de subidas de terra e grandes troncos que os pilotos debían superar.

Como ven sendo habitual, ata Bueu desprazáronse os irmáns Verónica e Carlos Miguéns, pilotos do Motoclub Sqem. Carlos, que esta temporada participa na máxima categoría deste campionato, rematou en terceira posición, mellorando deste xeito os resultados acadados en anos anteriores. O vilagarcián pilotou unha Italjet Piuma 350, unha de las motos más antiguas da competición, con máis de 40 anos.

Pola súa parte, Verónica, participaba coa súa Montesa Cota 242. Tamén ela mellorou os seus resultados, rematando en cuarta posición e dando moi oas sensacións de cara a probas posteriores.

Sen saír de Bueu, Verónica e Carlos Miguéns participarán esta vindeira fin de semana na segunda proba do Campionato Galego de Trial Absoluto.

Redacción Salnés