Atracan dúas perfumerías da mesma dona en dez días

    foto_perfumeria_100.jpgSANXENXO > Preocupación en Sanxenxo ante os últimos atracos. Nos últimos días os amigos do alleo entraron en dúas perfumerías que a mesma…

    .. propietaria ten neste concello: fai dez días na situada no paseo de Silgar e esta pasada noite do mércores ó xoves, na localizada na Avenida de Madrid. No primeiro dos roubos leváronse perfumes de certas marcas exclusivas por valor de 35.000 euros, e neste último fixéronse con 50.000 euros en mercancía máis 100 euros en efectivo. O modus operandi foi o mesmo polo que na perfumería pensan que de certo podería tratarse dos mesmos autores.

    Os ladróns entraron neste establecemento por un burato que realizaron serrando a enreixado cunha cizalla. Uns datos sobre a matrícula dun vehículo sospeitoso aportados por un veciño da zona deron na localización nas últimas horas dos presuntos autores.

    Os axentes do orde afirmaron que viñan de deter a 4 persoas romanesas nunha peaxe de Ávila, e que levaban consigo parte da mercancía subtraída e das ferramentas empregadas no delicto.

    Malia esta detención, os veciños e comerciantes da zona aseguran estar preocupados. Ante a situación actual de crise e a chegada da tempada de Nadal, na que as tendas repoñen mercancía, os vendedores de Sanxenxo reclaman unha maior protección policial para que feitos coma estes non volvan a repetirse.

    Redacción Salnés