O porto de Vilagarcía adhírese ó proxecto Cruceros Costeros 2019

VILAGARCÍA> O porto de Vilagarcía adhírese ó programa Cruceros Costeros 2019. AGAN+ presentou as novidades tecnolóxicas que probarán na capital Arousana.

Porto de Vilagarcía continúa ca súa aposta de dotar as áreas portuarias dun uso público máis atractivo para o seu desfrute. No ano 2017 investíronse 335 mil euros para transformar o antigo dique de abrigo da dársena dúas nun novo pantalán. Varios cruceiros costeiros fixeron escala nesta nova infraestrutura que agora se verá mellorada ca inversión de Ecodestin.

A presentación tamén acudiu o presidente de Portos de Galicia que quixo facer un recoñecemento a labor de AGAN+.

O obxectivo principal de Ecodestin é valorizar o patrimonio que temos no noso territorio a través da náutica. Para elo levará a cabo varias estratexias: Creación duns produtos náutico culturais e valorizados con tecnoloxía, utilizala tecnoloxía para crear rutas de realidade aumentada, portos accesibles as vinte e catro horas, dotalos de interese turístico e facelos accesibles para persoas con discapacidade. AGAN+ desenvolveu a tecnoloxía que engloba a todo o proxecto e que vai a probar no Porto de Vilagarcía.

A inversión de Ecodestin está valorada en máis de vinte mil euros e a nova tecnoloxía comezará a funcionar no mes de abril.

Comments are closed.