VILAGARCÍA> A Xunta saca a licitación as obras de renovación do sistema de saneamento de Vilagarcía. Son 10 millóns de euros para rematar coas inundacións e os vertidos á ría. Vanse renova-los colectores na avenida de Rodrigo de Mendoza e executaranse dous tanques de tormentas e un treito de colector na avenida de Cambados. Os traballos comezarán este verán e prolongaranse durante os vindeiros dous anos.
A Xunta licita por case 10 millóns de euros as obras de renovación do sistema de saneamento de Vilagarcía e rematar con inundacións e vertidos.
As Conselleiras de Infraestruturas e do Mar presentaron o proxecto hoxe no Intecmar de Vilaxoán ós representantes do sector do mar. Entre as actuacións previstas, a renovación da rede de colectores na avenida de Rodrigo de Mendoza, a execución de dous tanques de tormentas, e a execución dun novo treito de colector na avenida de Cambados. Ethel Vázquez deu conta, ademais, de varios problemas que se detectan na rede de sumidoiros de Vilagarcía, como a ineficiencia dos colectores e unha entrada excesiva de augas limpas e auga do mar que, mesmo con precipitacións moderadas, causan inundacións e vertidos.
Pola súa banda, a conselleira do Mar sinalou que as melloras de saneamento como as proxectadas no concello de Vilagarcía de Arousa, contribúen a avanzar no estado dos bancos marisqueiros e da súa produtividade.
Ademais desta rede de colectores, a destina outros 23 millóns de euros para a mellora da depuradora da cidade. En total, 33 millóns de euros que marcan -di a Xunta- unha folla de ruta clara para a mellora do saneamento en Vilagarcía.