![]()
CAMBADOS > Comezan as viaxes de dirixentes políticos a América e con elas os cruces de acusacións. Desde o PSOE dise que o …
… presidente do PPdeG entregou en México un cheque da Deputación de Pontevedra, algo que nega o aludido Núñez Feijóo. Para o BNG, parar isto ten fácil solución, modificar o sistema de voto emigrante.
O BNG cualifica de escándalo e vergonza todo o relacionado coas viaxes de dirixentes políticos a América. O portavoz nacional Anxo Quintana lembrou onte en Cambados a polémica do cheque da deputación de Pontevedra supostamente entregado por Feijoo ó Centro Galego de México. Para o BNG esto ten unha solución clara, modificar o sistema do voto emigrante. Os nacionalistas piden que tódolos deputados que saian elixidos o 9 de marzo aproben unha proposta para que o voto emigrante se dirixa ó Congreso e ó Senado con circunscrición única, que se depuren os censos e que o voto se faga en urna, ademais de regular e limitar as campañas.
Quintana estivo onte en Cambados na presentación das candidatas ó Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández e Rosa Abuín e defendeu a necesidade de que o BNG teña presencia en Madrid.
DESMENTIDO DO PP
Sobre a polémica do cheque o PP xa desmentiu que Feijoo o entregase. O secretario de organización provincial e ademais vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, explicou que si se tramitou a axuda para o Centro Galego de México, pero negou que a entregase Feijoo. Dixo que foi un dos seus acompañantes o que entregou a resolución presidencial que aprobaba a subvención. Considera todo isto unha arducia política do PSOE, que por certo, xa solicitou un pleno urxente na Deputación.
Redacción Salnés







