Os alumnos do CEIP Olveira retomarán as clases con normalidade

    visitacolexioolveira100.jpgRIBEIRA> O colexio de Olveira funcionará con total normalidade a pesar dos danos ocasionados pola rotura dunha tubaxe o pasado xoves.

    {flowplayer}barbanza/visitacolexioolveira.flv{/flowplayer}

    A rápida actuación dos servizos municipais e do persoal do centro evitou que a rotura dunha tubaxe no CEIP de Olveira ocasionara danos maiores no centro. A pesar de que se produciu o xoves, en plenas vacacións da Semana Santa, os operarios de limpeza, Protección Civil e mesmo persoal docente do centro colaboraron nas tarefas para evitar máis desperfectos.

    E así foi, xa que o colexio atópase en condicións de abrir con normalidade tal e como puideron comprobar o director xeral de centros e Recursos Humanos e o xefe territorial da consellería de Educación na súa visita ó centro.

    Sen danos estruturais

    Polo momento, algunhas aulas permanecerán pechadas ata que se arranxe o falso teito, se coloquen as luminarias e se repoña o mobiliario auxiliar afectado. Sen embargo, tal e como explicou o alcalde trátase de danos estéticos e non estruturais polo que as clases poden retomarse con normalidade.

    Ó longo desta xornada traballaron no centro catro operarios de limpeza, tres fontaneiros e tres electricistas para poñer a punto as instalacións de cara á volta dos alumnos.

    Redacción Barbanza