A Consellería de MATI inviste 93.5 millóns de euros na Arousa

    O SALNÉS> A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras presume de ter investido uns 93,5 millóns…

    {flowplayer}images/salnes/mati_contrastes.flv{/flowplayer}

    … de euros con actuacións nos dous lados da Ría de Arousa na última lexislatura. Un importante orzamento que se investiu principalmente en estradas e redes de saneamento. Neste mesmo apartado do saneamento, Agustín Hernández salientou tamén o compromiso de completar o saneamento de Porto do Son así como a inmediata resolución dos trámites previos e da realización do proxecto para executar a depuradora de Ribeira en breve e grazas a fondos europeos FEDER dispostos polo Ministerio de Medio Ambiente.

    No eido das infraestructuras, o Conselleiro lamentou que a variante de Noia non poida ser inaugurada nesta lexislatura, por mor, denunciou, de problemas técnicos e orzamentarios, amais do atraso que experimentou o proxecto durante o goberno da Xunta bipartita, que decidiu frear o feito e experimentar con outras posibilidades non viables. Agora, a previsión e que este novo vieiro entre en funcionamento no verán do próximo ano 2013 cun proxecto semellante ó orixinal.

    O que si non corre presa para este departamento autonómico é o desdobramento do corredor Brión-Noia, que terá que agardar a tempos mellores no tocante á economía. Outra das infraestructuras vitais para as Rías Baixas e toda Galicia da que falou o Conselleiro foi da autoestrada AP9. Asegurou que a Xunta ten previsto executar na próxima lexislatura a autovía A57, entre Vilagarcía e Pontevedra, que suporá unha alternativa viable a esta Autoestrada do Atlántico, e que ó tempo, se aposta por chegar a un consenso nos seus prezos da peaxe.

    Falou tamén o Conselleiro do posible cambio de titularidade da estrada provincial que enlaza a autovía do Barbanza con Carracedo; unha futura transferencia que virá a mellorar as comunicacións terrestres entre os dous lados da Arousa. Unha mellora na circulación viaria que tamén se fará extensible, desta volta de xeito urxente, á estrada PO 308, que une o istmo da Lanzada co núcleo urbán de Sanxenxo, e con menos celeridade, o desdobramento da Autovía do Salnés entre Sanxenxo e O Grove.

    Redacción Salnés