O Outubrofest repartirá este ano, na Praza de España, máis de 9.000 litros de cervexa

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá a acoller, a vindeira fin de semana, unha nova edición do Outubrofest. Unha festa na que se repartirán máis de 9.000 litros de cervexa, 10.000 salchichas e 1.000 codillos. Como novidade este ano, o evento desenvolverase na Praza de España.

Pontevedra acollerá, do 31 de outubro ao 3 de novembro, a XI edición do Outubrofest. Unha festa de referencia na cidade e que este ano chega con grandes novidades. A primeira, a localización.

O que non pode faltar nesta celebración é a bebida. A organización espera repartir máis de 9.000 litros de cervexa rubia, trigo e tostada. En canto a oferta gastronómica, prepararanse arredor de 10.000 salchichas e 1.000 codillos. Ademais, a festa contará tamén con música en directo e cunha zona de xogos para os máis pequenos.

Enmarcado no Outubrofest, entregarase tamén o premio “Máis que Rugby”. O galardoado deste ano será a Sociedade Deportiva Monteporreiro.

A carpa do Outubrofest abrirá as súas portas o vindeiro xoves día 31 ás 14:00h. O horario será interrompido de 12:00 h a 00:00h.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí