Marea demanda explicacións sobre a proliferación de coches abandonados en Tafisa

Pontevedra> Marea Pontevedra demanda explicación sobre a proliferación de coches abandonados no entorno de Tafisa. Marea Pontevedra denunciou no seu día, mediante unha moción que foi aprobada, problemas como a proliferación de vexetación, desniveis, acumulación de entullo de obras. Ano e medio máis tarde, para este partido a situación está agravándose por iso demandan resposta rápida por parte do concello.

Dende o grupo Marea Pontevedra están preocupados polo estado no que se atopa o entorno de Tafisa, onde ultimamente aparecen numerosos coches abandonados. Dende este partido están preocupados pola imaxe que se dá da cidade nesta marxe do río, e demandan que o concello leve a cabo o prometido en pleno hai ano e medio.

Dende Marea agardan que o Goberno Local non bote balóns fora e que faga algo canto antes en relación a esta situación.

Unha zona, onde ademais os veciños tamén se queixan do perigo que supón o estado do muro de pedra, onde despois de cortar ás árbores que alí estaban, o muro está case derrubado por algunhas zona, por iso piden que se solucione este problema canto antes.