Galicia homenaxea os olímpicos que puxeron o ‘acento galego’ aos Xogos de Tokio

PONTEVEDRA> Galicia homenaxou hoxe á súa delegación olímpica. Fíxoo dende o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, nun acto no que estiveron presentes 15 dos 25 deportistas que competiron nos Xogos de Tokio. O grupo xa forma parte da historia, confirmándose como a maior e mellor representación do deporte de Galicia nunhas Olimpíadas.

15 dos 25 olímpicos galegos reuníronse esta mañá no Centro de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra, para recibir a homenaxe de todos.

Todos foron someténdose ás preguntas en clave de humor do cómico David Amor, encargado de dirixir o acto. Pero foi a padexeira Teresa Portela, prata en Tokio, quen tomou a palabra en nome de todos os deportistas.

A seis veces olímpica quixo dirixirse de xeito especial a outros dous nomes propios do deporte galego, Javier Gómez Noya e Támara Echegoyen.

Unhas emocionadas palabras que contaxiaron incluso ao presidente da Xunta de Galicia.

Núñez Feijóo aproveitou tamén a súa intervención para anunciar a creación dunha Oficina de Atención ao Deportista, pensada para asesorar e axudar aos deportistas de elite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí