Ilesos os dous tripulantes dun pesqueiro afundido

    naufraxiomardedios100.jpgPORTO DO SON> Esta madrugada afundiu unha embarcación fronte á costa de Porto do Son. Os dous tripulantes foron rescatados por outro pesqueiro.

    {flowplayer}barbanza/naufraxiomardedios.flv{/flowplayer}

    Os dous tripulantes do pesqueiro Mar de Dios descansan arestora na súa casa tralo susto vivido esta madrugada cando saíron a faenar. Unha posible avaría no motor unida ó forte temporal na mar provocou que o barco batese contra as rochas no lugar da Sagrada en Porto do Son onde finalmente afundiu.

    Os tres tripulantes do Axexo realizaron o rescate dos dous mariñeiros que foron trasladados ó porto de Portosín. Dende alí, unha ambulancia do 061 trasladounos ó hospital do Barbanza para seren atendidos dos síntomas de hipotermia que presentaban.

    Trátase de dous mariñeiros de Noia S.M.I., de 39 anos, e J.C.M.B., de 48 que afortunadamente xa se recuperan desta difícil experiencia que ben puido custarlles a vida.

    Redacción Barbanza