Os mariscadores de Noia poderían volver ó traballo o próximo luns

NOIA> Os mariscadores noieses poderían volver ó traballo a próxima semana. As análises realizadas polo Intecmar confirman a ausencia de toxina nos bancos da Misela, Broa e Boña. Permanece pechada a zona tres polo que haberá que agardar ás mostraxes que se realicen durante a fin de semana para tomar unha decisión.

Semella que as expectativas do patrón maior de Noia están próximas a cumprirse. Tralo peche dos bancos pola aparición da toxina hai quince días, Santiago Cruz agardaba que o peche se prolongase tan só unha ou dúas semanas.

As analíticas que vén de realizar o Intecmar confirma que a toxina comezou a remitir e tan só está presenta na zona tres de marisqueo. os bancos da Misela, Broña e Boa permanecen xa á marxe do episodio tóxico. Sen embargo, dada a proximidade entre zonas, dende a confraría prefiren ser cautos e realizar novas analíticas durante a fin de semana antes de decidir se volven ou non ó traballo. No caso de constatar a baixada dos niveis, os mariscadores poderían volver a faenar o luns para retomar unha campaña que estaba a ser do máis satisfactoria.to

 

Na volta ó traballo, confían en volver ós niveis de cotización anteriores ó peche no que o quilo de berberecho de primeira chegou ós dezasete euros.