Castiñeiras: ‘Se nos dan como favoritos, asumímolo’

CAMBADOS> Pouco a pouco vaise achegando un dos momentos claves da temporada para o Xuven. A tres días para o partido de ida do playoff ante o Torrelavega, falamos co presidente da entidade cambadesa. Jorge Castiñeiras di que tanto el como o equipo están tranquilos e cunha confianza máxima para traerse un bo resultado de terras cántabras.

{flowplayer}images/salnes/xuven_120412.flv{/flowplayer} 

Faltan tres días para o primeiro encontro de playoff a LEB Prata na historia do Xuven e pouco a pouco o nerviosismo vai medrando. O sábado pola mañá partirá a expedición cambadesa cara terras cántabras a onde ten pensado chegar a media tarde. Acompañando ó equipo, medio centenar de afeccionados que arrouparán ós de Yago Casal. 

O rival non rematou a temprada do mellor xeito posible. O SAB Torrelavega perdeu os últimos tres partidos que xogou e continúa a notar a baixa do seu home máis importante, Jorge León, apartado das canchas por unha grave enfermidade. Esa é unha das razóns polas que o Xuven parte como favorito e dende o Pombal asúmese ese rol. Non se deixarán arredar por un pabellón xigantesco para estas categorías con capacidade para 5.500 persoas.

O maior perigo do Torrelavega ven dende os seus homes exteriores, que anotan con facilidade. Para Jorge Castiñeiras unha das claves é controlar a estes xogadores e a outra, manter a cabeza fría e pensar que hai un partido de volta por diante.

Castiñeiras puido ver ó equipo adestrar nos últimos días e o atopa tranquilo e confiado, como di sentirse el mesmo. No estrcitamente deportivo, a mellor nova é a volta de Manu Fernández, recuperado xa da súa doenza nunha costela.

A partires das 12:15 da mañá do domingo comezará a reescribirse a historia deste Xuven no Pavillón Vicente Trueba. Buscarán un bo resultado que lles permita de novo regalarnos imaxes coma estas dentro de dez días no Pombal.

Redacción Salnés