![]()
O SALNÉS> A xustiza ven de absolver ós acusados polos vertidos de Brenntag no río Umia.Unha resolución sorpresiva para moitos pero que non colleu…
{flowplayer}images/salnes/sentencia_brenntag.flv{/flowplayer} … nun renuncio ó goberno galego. A Xunta de Galicia xa chegara a un acordo extra
xudicial ca empresa Brenntag, mediante a cal se negociou unha indemnización de 5,5 millóns de euros. Deste xeito, está asegurada a compensación deste desastre ambiental e ecolóxico neste entorno fluvial. Este investimento centrarase na execución do Plan Umia, o que permitirá recuperar os recursos naturais desta zona tanto ao seu paso pola localidade de Caldas de Reis, como para os concellos da súa área de influenza.
A Administración galega aceptou unha transacción extraxudicial que conleva o inmediato aboamento dos 5,5 millóns de euros, ademais da realización dun programa de seguimento ambiental do río Umia ata o ano 2017. É dicir, a Xunta valorou tamén o feito de que a oferta realizada por Brenntag incluía o aboamento do importe dun programa denominado Migranet, que executará a empresa. Este proxecto conta cun plan de traballo, que será desenvolvido pola Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, para a diagnose e seguimento da recuperación do río Umia durante os próximos cinco anos.
Redacción Salnés









