O BNG anima os veciños a participar na folga do vindeiro 27

    bngcambados copia100.jpg CAMBADOS> Hoxe repartiron folletos informativos sobre a reforma das pensións e o atraso da idade de xubilación.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CAMBADOS_INFORMACION.flv{/flowplayer}

    As reformas das pensións, o atraso da idade de xubilación e a folga convocada por BNG e CIG para o vindeiro día 27, foron os temas que concentraron a atención da campaña informativa realizada polos nacionalistas esta mañá en Cambados. Aproveitando a afluencia de xente polo día de mercado, o voceiro do BNG, Víctor Caamaño, encabezou o reparto dun total de 700 folletos informativos.

    O seguinte paso nesta campaña informativa, será o vindeiro martes día 25. Para entón, os nacionalistas teñen preparada unha charla onde abordarán todas estas cuestións. Unhas medidas coas que os nacionalistas buscan recadar o máximo apoio para a folga convocada para o día 27.

    Víctor Caamaño e Duarte Correa, membro da executiva federal da CIG-Ensino, serán os encargados da charla informativa do vindeiro martes, que se celebrará a partires das 8 e media da tarde no hotel os Pazos, en A Carballeira, Cambados.

    Redacción Salnés