O BNG cambadés explica as súas propostas aos veciños das parroquias

    CAMBADOS> O BNG de Cambados leva a campaña tamén ás parroquias. O candidato mantivo onte un encontro cos veciños de Castrelo para plantexarlle as súas propostas. Para Víctor Caamaño, estas reunións son unha ferramenta para ofrecer explicacións e xustificacións sobre as súas ideas, evitando as campañas baseadas en eslogans.

     

    O BNG de Cambados busca o voto dos veciños das parroquias. Caamaño e parte do seu equipo visitaron onte a de Castrelo, para plantexarlles de xeito máis próximo as propostas do seu programa.

    No seu programa, os nacionalistas cambadeses inclúen varias propostas pensadas especificamente para os veciños das parroquias. A creación dos consellos parroquiais e dunha rede de transporte municipal entre as parroquias e o centro de Cambados ou rematar as redes de saneamento, son algúns dos seus proxectos.

    O domingo ás 6 da tarde o BNG de Cambados ten previsto o seu acto central de campaña. Será no Paseo da Calzada, nun acto no que intervirán o candidato, Montse Prado, deputada no Parlamento Galego, e Guillerme Vázquez, exvoceiro nacional do BNG.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/bng_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/bng_cambados.mp4{/flowplayer}