A exposición itinerante sobre Paz Andrade arranca en Vilagarcía

    fotovalentincopia.jpgVILAGARCÍA> O Instituto Armando Cotarelo Valledor foi o encargado de inaugurar unha mostra sobre o escritor ó que se lle deidica o Día das Letras Galegas.

    {flowplayer}images/salnes/ExpoPoliticaLinguistica.flv{/flowplayer}

    O Instituto Cotarelo Valledor en Vilagarcía foi o escollido para inaugurar unha mostra itinerante que nas vindeiras semanas percorrerá distintos centros de toda Galicia. Esta exposición pretende achegar ós mozos a figura de Valentín Paz Andrade, escritor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

    O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foron os encargados de inaugurar aquí, neste instituto, esta mostra, formada por cinco paneis con textos audiovisuais sobre a vida e a obra de Paz Andrade.

    Na importancia de dar a coñecer unha figura tan destacada como esta entre as xeracións máis novas, incidiu tamén Anxo Lorenzo.

    Escritor, xornalista, empresario, avogado, e, en definitiva, en palabras do secretario de Política Lingüística, un dinamizador cultural do seu tempo. Dende o punto de vista do seu departamento, destacou tamén a faceta lingüística de Paz Andrade.

    Por outra banda, outro elemento a ter en conta nesta mostra é o soporte empregado. Unha exposición audiovisual que pretende servirse tamén das novas tecnoloxías para achegar a historia á nosa época.

    Ademais da mostra, que percorrerá distintos centros ata final de curso, a consellería facilitará tamén unidades didácticas para achegar a figura deste persoeiro.

    Redacción Salnés