Os furancheiros de Meaño comezan a solicitar as instancias para legalizarse

    furanchosjorgedominguez copia.jpg MEAÑO> O concello alegou contra a última norma da Xunta que exclúe ó municipio xunto a outros do Salnés de regular estes establecementos.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_furancheiros_meano_170412.flv{/flowplayer}

    O Concello de Meaño xa alegou contra a última regulación de furanchos que está a elaborar a Xunta e na que se exclúe a este municipio xunto a outros do Salnés, onde son moi habituais este tipo de establecementos. O alcalde mantivo xa unha reunión cuns 25 furancheiros para buscar unha solución conxunta, e é que segundo lle advertiron, a campaña forte xa está á volta da esquina e a moitos deles interésalles legalizar o seu establecemento.

    O Concello aposta pola legalización dos furanchos, pero o alcalde advirte que a solución para os establecementos asentados en Meaño debe facerse dentro do marco legal que establece a Xunta, tanto no decreto de 2008 como no novo que está a elaborar Presidencia. Este establece medidas como que cada furancho só poderá vender un máximo de mil litros de viño ou que só poderá abrir un máximo de 3 meses, entre xuño e decembro. Estes aspectos veranse nunha vindeira reunión con técnicos da Xunta.

    Para o alcalde, Jorge Domínguez, o que está claro é que Meaño si é un concello con tradición furancheira. Non hai datos oficiais pero calcúlase que pode haber case medio cento deste tipo de locais.

    Redacción Salnés