VILAGARCÍA > O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Gago López, compareceu esta mediodía ante os medios de comunicación…
… para dar conta dos acordos adoptados onte no Consello de Administración da Autoridade portuaria. Un consello que aprobou de forma urxente o pliego de prescripcións particulares do servicio portuario básico de estiba, desestiba e transbordo de mercancía e a súa concesión á empresa Terminal de Contedores de Vilagarcía, S. L. Este acordo chega xusto a tempo para entrega do primeiro barco transporta contedores que chegará a este peirao o domingo.
Esta medida que se ven de adoptar vai a supoñer un incremento da carga de traballo nun 60 % ó garantir o emprego mínimo con cada descarga de 20 persoas por grúa. Un aumento de postos de emprego que, segundo verbas de Gago, non tivo o respaldo do representante de Esquerda Unida de Vilagarcía no antedito consello. Gago tamén quixo abordar o tema da polémica xerada pola chegada do tren a Ferrazo.
O presidente da Autoridade portuaria asegurou que non existe ningún estudio que acredite que o ferrocarril poida chegar a este peirao polo sur, e insta a quen teña algún a que o presente ante o Consello de Administración do Porto. Criticou tamén duramente algunhas das posturas adoptadas ante esta polémica que só buscaban inxuriar a súa persoa, segundo as súas propias declaracións.
Sobre a versión da chegada do tren ofrecida pola Cámara de Comercio o máximo representante do porto vilagarcián retrucou dicindo que este Porto precisa da intermodalidade e do progreso pero que o necesita xa de xeito inmediato, polo que non se pode agardar a realizar obras que atrasen esta chegada do tren.
Redacción Salnés