![]()
VILANOVA> Máis de 5.000 persoas acudiron a este evento no que practicamente todo o producto ofertado foi vendido.
{flowplayer}images/salnes/ValoracionFeeiraCamino_010812.flv{/flowplayer}
Así de satisfeito amosouse o alcalde de Vilanova, pola gran acollida que tivo esta pasada fin de semana a Feira do Camiño. Durán destacou a numerosa presencia de xente e a participación desta nas diversas actividades desenvolvidas.
Segundo os datos facilitados polo propio concello máis de 5.000 persoas acudiron a esta feira na que practicamente todo o producto ofertado foi vendido. Durán considera un acerto ter reconvertido a tradicional Feira Medieval, nesta Feira do Camiño, toda vez que a Ruta Espiritual do Salnés xa é válida para conseguir a Compostela, constituíndo unha variante do Camiño Xacobeo portugués.
A Feira do Camño promete voltar o vindeiro ano, tratando de consolidarse como evento e potenciando a Ruta do Camiño polo Salnés.
Redacción Salnés






