A mal tempo dificulta os traballos no mar e fai escasear algunhas especies

    fotoprazacopia.jpgVILAGARCÍA> Os prezos do sargo ou da robaliza fan que estean fora do alcance de moitas cestas da compra. Deixándolle paso ós rapantes ou a pescada.

    {flowplayer}images/salnes/PrazaVilagarcia.flv{/flowplayer}

    A crise afecta a tódolos sectores, e o do mar non é a ser unha excepción. E malia ser un produto de consumo diario, o peixe nota tamén o baixón nas ventas. Con todo, se nos achegamos ó mercado, a sensación é de que hai movemento e a maior parte das praceiras, recoñece que aínda que menos que antes, se vai vendendo. Estes días, por mor do mal tempo, tamén houbo menos cantidade de peixe. Sobre todo nalgunhas especies houbo menos produto nas lonxas e polo tanto chegou menos ó mercado, por iso tamén o prezo foi algo superior. Aínda así non houbo ningún problema de abastecemento e na praza atopábanse tódolas especies.

    Sargo e robaliza son algunhas das especies que menos se demandan. Os seus prezos fan que estean fora do alcance de moitas cestas da compra. Deixándolle paso ós rapantes ou a pescada.

    O xurelo tamén é unha especie moi asociada ó consumo diario. Adoita estar a bo prezo, e a súa calidade, traído directamente dos mariñeiros da zona é moi boa. O problema é que o comprador adoita buscalo dun tamaño pequeno, e este é o máis caro.

    Pouco a pouco, en menor cantidade e con máis queixas con respecto ós prezos. Esta é, segundo nos din as vendedoras a tónica dominante entre os compradores que se achegan á praza, neste caso a esta de Vilagarcía, na que nos atopamos. ¿E a que prezos están os peixes que máis se venden?

    A frescura, a calidade e a confianza son os elementos principais que fan que estes compradores se decidan pola Praza de Abastos e non polas grandes superficies. Segundo a maioría, non hai comparación.

    Redacción Salnés