Accidente mortal en Lousame tras unha saída de vía

accidentemortallousame100.jpgLOUSAME> Un home de cincuenta e dous anos faleceu a pasada noite ó saírse da vía e envorcar o vehículo que conducía.

{flowplayer}barbanza/accidentemortallousame.flv{/flowplayer}

Tan só uns días despois do último accidente mortal na comarca no que faleceu unha moza menor de idade, as estradas barbanzás volveron cobrarse unha nova vítima.

O falecido é un home de cincuenta e dous anos, con iniciais M.G.R., que vivía a tan só tres quilómetros do lugar do sinistro.

Sen cinto

O exceso de confianza e o feito de que non levase posto o cinto de seguridade tiveron como consecuencia o fatal desenlace.

Ata o punto desprazouse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do PAC de Noia. a pesar de que nos primeiros instantes atenderon á vítima procurando a súa reanimación non puideron facer nada por salvar a súa vida. Tamén se mobilizou á Garda Civil, a policía local e unha dotación de bombeiros de Boiro que finalmente non tiveron que proceder á excarceración posto que a vítima xa estaba falecida.

Este non foi o único accidente acontecido nas últimas horas nas estradas da comarca. Este mediodía un camión envorcou na estrada Ac-550 entre Noia a Ribeira a altura de Portosín. Afortunadamente non houbo feridos aínda que foi preciso desviar o tráfico posto que o vehículo quedou atravesado na estrada.

Redacción Barbanza