Parte de Vilagarcía a XXVII da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

    VILAGARCIA> Un grupo de peregrinos partiron esta tarde desde o Porto de Vilagarcía cara a Padrón na que é a vixésimo sétima edición do remonte…

    {flowplayer}images/salnes/remonte_ulla.flv{/flowplayer}

    … Marítimo Fluvial pola Ruta Xacobea do Río Ulla e do Mar de Arousa. Con esta expedición preténdese conmemorar a translación dos restos do Apóstolo Santiago, que deu orixe á cidade de Santiago como centro de peregrinación a través dos séculos.

    Así, a expedición partiu á bordo do catamarán Visión 2, este ano, desde o peirao deportivo de Vilagarcía. Antes diso, os representantes dos Concellos involucrados: Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Pontecesures, Valga, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Teo, Ribadumia, Meis, Rois, Brión e, finalmente, Santiago de Compostela; celebraron un acto solemne no Auditorio de Vilagarcía; que estivo presidida polo alcalde local, Tomás Fole, e o presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, entre outras autoridades.

    O acto de hoxe complementarase ca edición de dúas guías; unha dedicada ós cruceiros que se ciscan ó longo do río Ulla e as súas Ribeiras; e outra que será unha nova edición da guía turística Arousa, feita desde os Concellos involucrados e coordinada pola Fundación S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

    Redacción Salnés