Unha veciña da contorna gaña 800 mil euros coa primitiva

CAMBADOS> A sorte achegouse á Cambados. Unha veciña da contorna acertou os seis número da primitiva e faise cun premio de 800 mil euros. A afortunada gastou tan só dous euros.

A fortuna achegouse de novo ao Salnés. Unha veciña da contorna gañou cunha primitiva selada en Cambados un premio de 800 mil euros. A agraciada achegouse esta mañá, no momento en que gravábamos estas imaxes, a comprobar o seu boleto.

Dende o establecemento mostraban a súa sorpresa de que a agraciada se achegase a comprobar o boleto, xa que o habitual é que vaian directamente ao banco a cobralo.

A administración só poder pagar premios inferiores a dous mil euros. Por iso Xoán da Cruz recomenda aos gañadores ir directamente ao banco.

A combinación gañadora foi o 21, 24, 38, 39, 45 e 46. Tivo un custo de dous euros e foi feita de forma automática.

Dende o establecemento teñen prohibido dar ningún dato sobre a gañadora. O único que aseguraron é que era unha muller e veciña da comarca, sen especificar a idade nin o concello. A agraciada acadou o premio de primeira categoría pero non o especial, cuxo bote superaba os 9 millóns de euros. Tampouco foi a única ganadora, xa que tivo que compartir o premio con outro boleto de selado en Sevilla e tamén premiado con outros 800 mil euros.