50 nenos e nenas de Ribadumia acudiron á celebración do Día Internacional contra a droga

RIBADUMIA> A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrou en Ribadumia o día internacional contra a droga. Medio centenar de nenos e nenas acudiron a un acto no que tamén se loita contra outras adiccións como o alcohol ou o xogo.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico conmemora cada ano o Día Internacional contra o Uso Indebido e Tráfico Ilícito de Drogas coa campaña “Panos Brancos contra a Droga”. Ribadumia substitúe a Vilanova e acolle este ano os actos centrais desta edición. Con esta celebración búscase mostrar o rexeitamento ao narcotráfico e as drogas.

No acto leuse un manifesto contra a droga, firmouse un pano branco contra o narcotráfico e actuou a banda de Ribadumia. Estas actuacións estaban encamiñadas a ensinar aos máis mozos que hai mellores maneiras de gozar a vida.

Para pechar o acto votáronse globos brancos ao ceo como rexeitamento as drogas e ao narcotráfico. David Castro destaca que con estas actuación axúdase a concienciar aos máis pequenos.

Esta foi a décimo terceira edición dunha celebración que cada ano ten lugar nunha vila diferente co obxectivo de chegar a toda a poboación galega.