Varela promete reducir a suba do IBI se chega á alcaldía

    VILAGARCÍA> O alcaldable socialista en Vilagarcía desvelou hoxe algúns dos trazos do seu programa en materia de xestión económica e do sistema fiscal. Para Alberto Varela, a presión sobre os veciños da vila subiu de xeito desmesurado durante a xestión do actual goberno. Por iso, entre outras medidas, comprometeuse a baixar o IBI de chegar á alcaldía.

     

    Reducir a presión dos impostos sobre os cidadáns é unha das promesas do programa de Alberto Varela. En concreto, o alcaldable socialista puxo o acento sobre o IBI e o que chamou o “catastrazo” de Tomás Fole.

    O axuste suporía unha menor recadación para as arcas públicas. Pero os socialistas aseguran que esta caída de ingresos compensaríase cobrando débedas de empresas ou sociedades que están a piques de prescribir.

    Aínda que non manexa cifras exactas, Varela apuntou a que estas cantidades pendentes de cobrar dende hai cinco anos poderían acadar os 4 millóns de euros. 

    En relación á xestión de Tomás Fole, o candidato do PSOE criticou a excesiva presión fiscal que existe sobre os vilagarciáns.

    Outras medidas comprometidas por Alberto Varela é facilitar o pago aprazado dos tributos municipais e a publicación dunha carta fiscal, para que os veciños de Vilagarcía coñezan as súas obrigas e as exencións ás que poderían optar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/alberto_varela_xestion_economica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/alberto_varela_xestion_economica.mp4{/flowplayer}