Indignación en Vilariño ante dous novos proxectos eléctricos

    vecinos_vilarino100.jpg CAMBADOS> Red Eléctrica de España quere construír unha planta de alta tensión e Unión Fenosa ampliar a subestación de Pardiño.

    {flowplayer}images/salnes/estacion_electrica_vilarino_190412.flv{/flowplayer}

    Indignados. Así se senten os veciños da parroquia cambadesa de Vilariño. Viven preto da subestación de Unión Fenosa en Pardiño, unha zona onde tamén Red Eléctrica de España quere instalar unha planta de alta tensión e onde ademais Fenosa pretende ampliar a que xa ten para servir a Sanxenxo e nun futuro a Padrón. Os afectados agrupáronse en torno á asociación O Batuqueiro, que reúne xa a unhas setenta familias. Temen, sobre todo, pola súa saúde, e engaden que afectará ás súas fincas, nas que investiron importantes cantidades de diñeiro trala concentración parcelaria.

    O Batuqueiro xa ten o asunto en mans dos seus asesores xurídicos, que estudian o informe de impacto ambiental da planta de alta tensión. Séntense ademais, abandonados pola administración.

    O Concello indicou hoxe que o alcalde está a xestionar unha reunión cos responsables de ambas eléctricas. Luís Aragunde proporalles estudiar posibles alternativas ós emprazamentos previstos, cos que non están de acordo os veciños. Engade o Concello, que os técnicos municipais van ser moi estrictos á hora de examinar a documentación destes proxectos coa intención de presentar as alegacións oportunas.

    Pola súa banda, o BNG local presentará en pleno unha moción sobre este asunto. Pide ó Concello que chegue a un acordo para suspender a tramitación da construción da estación eléctrica e que lle busque un novo emprazamento.

    Redacción Salnés