![]()
VILANOVA> A Mancomunidade de O Salnés preparase para o inicio do V Emprega Salnés, un plan integrado destinado a facilitar a formación de persoas para atopar un traballo.
A Mancomunidade de O Salnés celebrou este xoves nun acto conxunto o balance do VI Emprega Salnés, e a presentación da súa quinta edición programada para estes próximos meses. Un plan integrado destinado a facilitar unha saída laboral, para aqueles que teñen posibilidades de conseguilo. Unha iniciativa da que dan conta os seus bos resultados.
Ensinar as persoas a planificar e a tomar decisións sobre a súa vida laboral, acompañándoas na busca activa de emprego e facilitándolles as ferramentas adecuadas para conseguir un posto de traballo, é o obxectivo desta V Edición do Emprega Salnés.
A selección dos 60 participantes que formaran parte de este plan xa está en marcha. Deseño de páxinas web, Impresión 3D ou Cociña e Repostería son só algúns dos eidos nos que os integrantes deste plan poderán formarse ao longo dos meses que dure esta actividade formativa. Os interesados poden presentar as súas solicitudes nas oficinas dos Servizos de Emprego ata o 30 de setembro, data na que remata o proceso de selección.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/08/mancomunidade_emprende_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/08/mancomunidade_emprende.mp4{/flowplayer}







