A Ruta do Viño Rías Baixas recibe unha subvención para implantar a Q

    O SALNÉS> A Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia aporta subvencións por valor de 100.000 euros, para que os establecementos…

    {flowplayer}images/salnes/ruta_vino_q_calidade.flv{/flowplayer}

    … integrados na Ruta do Viño Rías Baixas poidan acadar, implantar e difundir a marca Q de Calidade Turística do Instituto de Calidade Turística Española. A sinatura deste convenio tivo lugar esta mañá na sede de Turgalicia en Santiago, entre a Secretaria Xeral de Turismo e Conselleira delegada da Sociedade da Imaxe e Promoción Turística de Galicia-Turgalicia, Carmen Pardo, e o Presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, José Ramón Meiriño. En virtude deste acordo as cantidades subvencionables máximas ascenden do 40 ó 75 %, contando amais con outras vantaxes os establecementos que se adhiran durante este ano.

    Poderán sumarse a este convenio adegas visitables das denominacións de orixe vitivinícolas galegas, o que supón unha aposta decidida destas DOs polo enoturismo de calidade.

    Con todo, dentro desta ruta xa existían uns novo establecementos dotados desta Q de calidade como os aloxamentos Augusta, Augusta Spa Resort e o Hotel Juan Carlos I de Silgar, todos eles de Sanxenxo, o Talaso Hotel Louxo na Toxa-O Grove e o Parador de Cambados. En Turismo rural contaban con este distintivo a Aldea Bordóns de Sanxenxo, Casa Suárez en Vedra e Torre de Río, en Caldas de Reis; amais da axencia Tee Travel de Vilagarcía.

    Redacción Salnés