Accidente mortal con tres menores feridos no vial ó porto

    accidente2 copia.jpg VILAGARCÍA> O 061reanimou á muller no mesmo lugar do accidente pero no traslado ó hospital faleceu. A outra condutora ingresou no Salnés con prognóstico reservado.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VIA_RAPIDA_050312.flv{/flowplayer}
    Unha muller faleceu logo de resultar ferida grave nun accidente de tráfico ocorrido ás nove da mañá no acceso ó Porto de Vilagarcía. A falecida, Mónica Domínguez, veciña de Vilagarcía, conducía o seu coche cos seus dous fillos de corta idade na parte de atrás. Segundo informou o servizo de prensa do Hospital do Salnés, a muller xa non chegou con vida ó Hospital do Salnés, tras varios intentos do servizos médicos do 061 por reanimala, incluso no mesmo lugar do sinistro. A condutora quedou atrapada e precisouse da axuda dos Bombeiros para excarcerala.
     
    O accidente produciuse en torno ás nove e cuarto da mañá e consistiu nun choque frontolateral á altura do viaducto do río Lomba, no novo vial ó Porto de Vilagarcía. No outro coche implicado conducía outra veciña de Vilagarcía que tamén levaba no asento de atrás ó seu fillo tamén menor de idade.
     
    Segundo informan desde o Hospital do Salnés, a outra condutora queda ingresada en planta neste centro, con prognóstico reservado e non se teme pola súa vida. En canto ós nenos, un deles xa foi dado de alta. A consecuencia do accidente, foi preciso interromper o tráfico no vial para a retirada dos coches, os dous Opel Zafira modelo familiar.
     
    Redacción Salnés