‘O Adeus’ regresa ó seu balcón no Cavadelo

    fotoesculturacopia.jpgVILAGARCÍA> Despois de varios anos retirada, a escultura de César Lombera regresou ó seu balcón no parque do Cavadelo. Fora retirada para restaurala.

    {flowplayer}images/salnes/EsculturaCesarLombera.flv{/flowplayer}

    O balcón situado no parque do Cavadelo, en Vilagarcía de Arousa, é o lugar no que orixinariamente se situaba esta escultura de César Lombera, que fora inaugurada no ano 99. Trátase da estatua dunha muller feita en bronce. Despois das reparacións as que tivo que ser sometida, e de varios anos retirada o Concello de Vilagarcía volveu a situala no seu emprazamento orixinal. O alcalde Tomás Fole e numerosos membros da súa corporación, así como tamén membros da oposición, acompañaron ó autor nesta reinstalación da súa obra. A plataforma na que se colocou tamén foi remodelada para darlle máis estabilidade.

    Así é que esta plataforma a xeito de balcón ten tamén unha simboloxía especial, e mesmo leva inscritos uns versos de Rosalía de Castro en honra ás que se deron en chamar as viúvas vivas.

    Lombera tamén quixo agradecer ó alcalde a recuperación desta estatua, e dixo estar moi contento de que despois de catro anos puidera volver ó seu lugar. O alcalde pola súa banda, destacou a importancia desta obra para Vilagarcía e tamén amosou a súa satisfacción de que veciños e visitantes poidan volver a gozar dela.

    Tomás Fole quixo tamén agradecerlle ó autor a súa presenza neste acto e destacou a importancia desta obra como parte da simboloxía do Concello.

    Redacción Salnés