A CIG reclama o cese de actividade e a liquidación da Residencia Valle Inclán

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/cig_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/cig_valle_inclan.mp4{/flowplayer}

 

VILANOVA> Estancada a situación da Residencia Valle Inclán. A CIG denunciou esta mañá que pesares das sentenzas de inhabilitación en contra dos administradores, os impagos a acredores e a oferta presentada polo Banco Popular para facerse cos bens, a empresa continúa sen entrar en liquidación. Apuntan tamén á situación das traballadoras: algunhas acumulan ata once meses sen cobrar. O sindicato reclama a Xunta e xulgado que tomen medidas.

Case dous anos despois de que estalara o conflito, a situación da Residencia Valle Inclán continúa sen solución.

Dende a CIG denuncian que a situación é insostible. Os traballadores agardan a extinción dos seus contratos dende o 15 de marzo, data na que tería que cesar a actividade. A día de hoxe, a plantilla segue sen cobrar, pero a residencia aínda funciona.

Recordan que ao longo deste ano, o xulgado do mercantil emitiu varias sentenzas en contra dos administradores, inhabilitando incluso a Viaxes Silgar e Francisco Rodríguez e a Nurtime e Enrique Martínez. Tamén existe unha oferta do Banco Popular para facerse cos bens. Por iso reclaman que Xunta e xulgado desbloqueen a situación.

Temen, ademais, que coa chegada do verán a solución se aprace aínda máis, e haxa que agardar ao mes de setembro para buscar algunha saída á situación da residencia.