A unión de capital privado e público fan posible o FDN 2012

cartel_fdn12100.jpgVILAGARCÍA> Fexdega acolle os días 27 e 28 de abril unha nova edición do Festival do Norte.

{flowplayer}images/salnes/ptac_festival_norte_200412.flv{/flowplayer}

A presentación oficial do cartel deste ano fíxose no Concello de Vilagarcía, onde organización e colaboradores destacaron a unión de capital privado e público para facer posible este evento.

O festival celebrarase coma sempre no recinto exterior de Fexdega e abrirá as súas portas ás cinco da tarde. Contará de novo con tres escenarios, un para grupos máis consolidados, entre os que estarán Love of Lesbian, La Casa Azul, Fangoria ou Lori Meyers. Outro dedicarase a grupos noveis, como Klaus & Kinski ou as Nancys Rubias lideradas por Mario Vaquerizo. O terceiro escenario ofrecerá as sesións de música dance de madrugada.

As entradas do festival custarán, a diaria 25 euros anticipada e 30 en taquilla, e o abono para ambos días 35 euros anticipado e 40 en taquilla. De novo habilitarase a finca Douro para acampada. Ademais dos concertos, o día 27 a Radio Galega fará en directo no Auditorio de Vilagarcía o seu programa Estudio 3.

Redacción Salnés