Dous anos agardando para cobrar as nóminas pendentes

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/esquerda_unida_barbanza_foelca_2605161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/esquerda_unida_barbanza_foelca_260516.mp4{/flowplayer} BOIRO> Un grupo de extraballadores de Foelca denuncia que levan dous anos agardando para cobrar as nóminas que lles adebeda a empresa. Nalgúns casos, ascenden ata dez o número de mensualidades sen pagar. Este conflito laboral remóntase a mediados de 2014 cando a empresa comezou a ter problemas para pagar ós traballadores. Meses máis tarde chegaron os despedimentos, cunha longa lista de nóminas adebedadas, e finalmente o peche da empresa. A día de hoxe, media ducia de traballadores seguen aínda sen cobrar nin o salario nin a indemnización que lles corresponde mentres que, denuncian, os propietarios abriron outra empresa co mesmo nome e a mesma carteira de clientes. Mentres continúan coa súa loita xudicial, os traballadores afirman sentirse abandonados pola xustiza xa que a pesar de ter unha sentenza favorable do xulgado do social, non conseguiron que os seus dereitos se vexan recoñecidos no mercantil. Nas súas demandas tamén se viron respaldados por algunha formación política como Esquerda Unida que responsabiliza á reforma laboral do atropelo que están a sufrir estes traballadores. Ademais de pedir a súa revogación, levarán ó Parlamento unha serie de preguntas sobre as distintas axudas públicas recibidas por esta empresa. O deputado de AGE insiste na necesidade de artellar mecanismos de control das axudas públicas para evitar que estas revertan unicamente en beneficios para os empresarios en lugar de consolidar emprego e favorecer ós traballadores.