O Sorteo de Nadal sorrí ao Grove cun premio Gordo de 4 millóns de euros

OGROVE> O Gordo da lotería de nadal deixa 4 millóns de euros no Grove. A administración encargada de repartir a sorte foi a número 1, a centola dourada do Moreno. En total 10 décimos con 400 mil euros cada un.

Champaña por todo o alto. Deste xeito, a administración número 1 de lotarías do Grove celebrou o gordo da lotería. A sorte do sorteo levou á vila o primeiro premio a través do 72897. Ledicia para os afortunados e para a administración.

O gordo repartiuse a través de 10 décimos premiados con 400 mil euros cada un. Ata administración achegouse unha das agraciadas cos seus fillos. A muller celebrou a fortuna do sorteo despois dun ano moi complicado, xa que estivo ingresada na UCI pola covid 19 e ten o seu negocio pechado dende hai semanas.

O décimo é compartido cun amigo do marido. Os premiados mercaron o boleto de casualidade hai uns días.

As dificultades deste ano tamén pasaron factura na administración de lotarías.

Na administración xa colgan os carteis presumindo de repartir o gordo. Agora agardan que este premio leve a máis xente a confiar neles á hora de mercar os décimos do sorteo de reis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí