RIBEIRA> Política Social licitará nas próximas semanas a redacción do proxecto da futura residencia da terceira idade de Ribeira. Así o anunciou a Conselleira de Política Social na visita realizada esta mañá á aula do Maior de Aguiño na que tamén informou dun incremento das horas do servizo de axuda no fogar.
A piques de concluír os traballos de demolición da antiga discoteca Hesta Kurva, onde se emprazará a nova residencia de maiores de Ribeira, a Consellería de Política Social licitará nas próximas semanas a redacción do proxecto de execución desta infraestrutura. A este anuncio súmase tamén o incremento das horas do servizo de axuda no fogar.
A conselleira de Política social facía este anuncio na visita á recentemente habilitada Aula do Maior de Aguiño, na que os habitantes da parrqouia poden realizar diversos cursos e actividades como talleres de memoria.