Conta atrás para a celebración da V Edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax

Pontevedra> Carlos Blanco e Luis Davila serán os encargados de presentar a V Gala dos Premios da Música Martín Códax 2018. Unha cita que terá lugar este mércores 9 de maio no Pazo da Cultura ás nove da noite. Neste ano son 449 os proxectos que optan ás 15 categorías premiadas. Unha cifra que pon de relevancia a riqueza do sector musical galego.

Todo, ou case todo, listo para que o Pazo da Cultura de Pontevedra acolla unha nova edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax. Unha cita reivindicativa e a favor da nosa cultura que se desenvolverá a partir das nove da noite deste mércores 9 de maio.

Unha premios, nesta quinta edición que chegan pisando forte, con 449 propostas paras as 15 categorías existentes. Un feito, que segundo o director de AGACID, pon enriba da mesa a riqueza do sector musical en Galicia.

Unha aposta clara das administracións públicas e tamén das Adegas Martín Códax.

Dende a presidencia da Asociación Músicos ao Vivo teñen claro que esta Gala é unha plataforma clave para dar a coñecer o momento musical no que estamos.

Dende este luns 7 de maio xa poden adquirir a súas entradas a través de info@trisquelia.com Unha gala, que nesta V edición estará amenizada polo humorista Carlos Blanco e polo debuxante Luis Davila.