Correr, saltar ou andar en patíns podería ser causa de sanción

    fotoordenanzacopia.jpgVILAGARCÍA> Estes son dous dos obxectivos da nova ordenanza de circulación que o goberno de Tomás Fole ten previsto levar a pleno o vindeiro luns.

    {flowplayer}images/salnes/OrdenanzaVilagarciaRuas.flv{/flowplayer}

    Correr, saltar ou circular de forma que moleste ós demais usuarios quedará prohibido en Vilagarcía se se aproba a ordenanza de circulación que o gabinete dirixido por Tomás Fole levará a pleno a vindeira semana.

    Segundo esta ordenanza aquelas persoas que corran polas beirarrúas poderían ser multadas. Pero tamén aquelas que permanezan paradas, neste caso se o fan en grupo e obstaculizan con el o tránsito. As primeiras reaccións non se fixeron agardar, hai opinións para tódolos gustos.

    Así mesmo, andar en patíns, monopatín ou similares queda relegado unicamente ás zonas habilitadas para elo. Castigando a aqueles que o fagan en prazas ou zonas peonís, exceptuando neste caso ós menores de oito anos. Para as zonas peonís a proposta do partido popular inclúe tamén a creación dunha tarxeta de residente, cuxas características se matizarán tamén no pleno.

    Outras actividades coas que tamén quere acabar esta ordenanza son as que levan a cabo os aparcacoches, os chamados gorrillas. Ó igual que as dos limpa parabrisas ou as de aqueles que se dedican a venta ambulante aproveitando semáforos ou sinais. Para moitos veciños, o principal problema neste caso, é como poñerlle solución, e qué facer con eles.

    Poñer publicidade nos coches ou colocala na vía pública, tirar cabichas ou calquera outro obxecto á rúa ou agardar ó autobús fora do refuxio ou da beirarrúa son prácticas que tamén prohibe esta ordenanza.

    Neste momento foi xa presentada ó resto dos grupos políticos e a vindeira semana será debatida en pleno. O partido socialista non fixo agardar a súa resposta e calificou a iniciativa de absurda.

    Ademais, segundo a voceira socialista, Tania García na situación na que nos atopamos resulta incrible que o goberno local só presente esta ordenanza en todo un mes de taballo, o que, segundo ela, pon de manifesto a pobre xestión municipal do grupo popular.

    Redacción Salnés