O festival Son Celta pon en valor a cultura castrexa

festivalceltaportoson_100_23072009.jpgPORTO DO SON> O encargado de inaugurar a feira e dar lectura ó pregón, foi o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

Este xoves arrancaba en Porto do Son a segunda edición do festival Son Celta. Ata o domingo a vila acollerá todo tipo de espectáculos dende música e danza ata exhibicións de cetrería ou talleres e obradoiros do máis variado. Ás doce do mediodía abría as súas portas o mercado celta instalado no casco urbano de Porto do Son que, durante as catro xornadas que dura o festival Son Celta, converterase no epicentro da actividade festiva.

O encargado de inaugurar a feira e dar lectura ó pregón, foi o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que se achegou ata a vila para apoiar esta iniciativa que busca poñer en valor os recursos turísticos e patrimoniais do municipio, ofertando unha alternativa de ocio ás praias.

Pola súa banda, o alcalde do Son, Manuel Tomé, destacou a importancia deste evento non só polo seu carácter festivo senón pola posta en valor da cultura celta como continuidade ó labor que se ven desenvolvendo no xacemento castrexo de Baroña, un dos principais valores do concello.

Tralo acto inaugural quedan por diante catro días de festa repletos de actividade. Ademais de darse unha volata polos postos que integran o mercado celta, os visitantes poderán desfrutar das diversas actuacións integradas no SonFolk, entre as que destacan Galegoz, Atalaia, Kila ou oas Garotas da Ribeira. Durante tódalas xornadas haberá tamén pasarrúas, amalbares, obradoiros e o cursiño AtaqueSon que ten por obxectivo recuperar unha tradición ancestral case esquecida como son as treboadas.

Redacción Barbanza