A música continuará en Vilagarcía cos catros concertos do Agora Vermú no mes de maio

VILAGARCIA> Vilagarcía celebrará catro concertos nunha nova edición de agora vermú. O ciclo de actuacións terá lugar os domingos de maio á 1 da tarde en 4 zonas diferentes do concello. Os grupos son todos galegos e o concello busca con esta iniciativa fomentar a cultura e axudar á hostalería.

A música en Vilagarcía non para ao longo de todo ano. Dende a vila organizan diferentes eventos e festivais que permiten gozar de grupos de todo tipo. Trala celebración do agora salón, a vila presenta o agora vermú.

Os dous primeiros concertos serán Galifank  e Lou Reyes con Rockin corsarios.

O terceiro domingo, coincidindo con Santa Rita, actuará a banda de música da vila.

O último dos concertos será Lontreira. Cada un celebrarase nunha zona diferente, o obxectivo é fomentar a cultura en toda a vila e axudar á potenciar a hostalería.

Todos os concertos terá lugar á 1 da tarde. Dende o concello agardan poder celebrar máis concertos noutras partes da vila nas vindeiras edición.