Nova mobilización caracterizada dos afectados polas preferentes

    A ILLA> Ducias de afectados da Illa polas participacións preferentes e outros productos bancarios considerados tóxicos volveron a mobilizarse

    {flowplayer}images/salnes/protestas_preferentes_250412.flv{/flowplayer}

    … diante das oficinas que ten Novagalicia Banco no Paseo do Cantiño. Desta volta a posta en escea foi máis elaborada: ataviados con mascarillas e fundas como as empregadas cando foi do caso Prestige.

    A posta en escea e as mobilizacións cada vez son máis elaboradas e contan con máis manifestantes; con todo a reivindicación segue a ser a mesma.

    No caso dos afectados do Grove, aseguran que son moitos os que están a sufrir os inconvintes do que consideran un engano do banco, pero que poucos son os que dan a cara; co que os seus conveciños anímanos a defender o que é seu.

    Cada caso que é tan dramático como o anterior; nalgún como é o desta veciña de Dena mesmo asegura estar coaccionada e vixiada por axentes da orde estatais. Amais, cando foi a unha reunión co director da súa sucursal bancaria estivo escoltada por axentes da Garda Civil e de seguridade privada que portaban consigo armas de fogo.

    Redacción Salnés