150 ciclistas competirán na VIII ruta do Albariño de ciclismo

MEAÑO> A comarca do Salnés acollerá a fin de semana a VIII ruta do albariño de ciclismo. 150 participantes tanto españois como portugueses competirán nas categorías sub21 e junior. A competición homenaxeará ao exciclista falecido Modesto Sánchez ‘Teto’.

Case toda a comarca do Salnés gozará esta fin de semana da VIII ruta do Albariño de ciclismo. A competición que se disputará durante a fin de semana atraerá a 20 equipos de España e Portugal.

A primeira etapa terá lugar o sábado a través dunha contrareloxo que partirá dende Meaño ata o alto do Busto. A segunda tamén se iniciará no mesmo municipio e percorrerá os municipios de Sanxenxo e o Grove. A terceira terá lugar o domingo con saída en Cambados e tramos por Ribadumia. Os organizadores destacan as peculiaridades destas etapas.

Dende as administracións destacaron a importancia para os concellos de traballar en conxunto e atraer a visitantes á comarca.

A competición homenaxeará ao exciclista falecido Modesto Sánchez ‘Teto’.

A competición atraerá ao Salnés a máis de 300 persoas entre equipos e familias, o que suporá unha fonte de ingresos para os concellos os seus establecementos. A competición contará con todas as medidas sanitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí