Semana Santa de paixón no Salnés

    4

    SALNÉS > Non somos Sevilla nin Ferrol pero a oferta de actos litúrxicos non falta no Salnés. Un dos principais puntos de referencia á a parroquia de Paradela en Meis, onde desde hai anos se celebra a Pascua Vivinte. A cofradía de Semana Santa e Pascua de Santa María de Paradela representará os últimos días da vida de Xesús na terra.

    semana_santa_paradela_300_120406.jpgOs actos litúrxicos en Paradela comezan o xoves ás sete da tarde. Trala misa, no atrio da igrexa representarase a Última cea de Xesús. A procesión discorrerá ata o Campo do Outeiro onde se fará a Oración de Xesús na Horta das Oliveiras e o seu Prendemento. O Xuízo no Sanedrín realizarase no atrio da igrexa. As escenificacións continúan o Venres Santo. As derradeiras horas de vida de Xesús representaranse ás once da mañá no atrio da igrexa tralo que se fará o Camiño do Calvario coa cruz, o Vía Crucis ata o Monte da Croa. Alí terá lugar a Crucifixión e despedida da Virxe María e das Santas Mulleres. Pola tarde, trala misa e o reparto de velas a partir das nove farase no Monte da Croa o Desencravo e descendemento de Xesús, que continuará coa procesión do Santo Enterro acompañada da Banda Unión Musical de Meaño. O Sábado celebrarase a misa de Resurrección ás once e media da noite coa Bendición da auga e o lume e degustación gratuíta de rosca. A Semana Santa de Paradela culmina o domingo de Pascua coa escenificación da Resurrección no atrio da igrexa. Trala misa cantada polo Coro Xuntanza Xuvenil de Meis realizarase a procesión coa Banda Unión Musical de Meaño. O remate das festas porano as orquestras Gran Parada e Alkar. Coma en anos anteriores a Cofradía de Santa María de Paradela convoca o concurso de fotografía sobre os actos desta Semana Santa.

    En Cambados o Xoves Santo destaca a celebración da cea do señor co lavatorio de pés. Será ás 7 da tarde. Ás nove e media terá lugar a procesión do Ecce Homo, dende a capela do hospital ata a igrexa parroquial. A continuación haberá meditación e ás doce da noite adoración diante do Santísimo seguida da Vixilia. O venres ás doce da mañá será o viacrucis na igrexa parroquial. Ás oito da tarde desencravo en Fefiñáns. Despois procesión do Santo Enterro e ás dez e media da noite procesión da Soidade. O sábado ás once da noite será a solemne vixilia pascual e o domingo ás horas de costume celebrarase a eucaristía pascual.

    semana_santa_procesin_300_120406.jpgEn Vilagarcía o xoves ás sete e media da tarde será a cea do Señor coa participación das corais ‘Santa Eulalia’ e ‘Nosa Señora da Xunqueira’. Ás oito e media procesión de Jesús Nazareno que percorrerá as principais rúas da vila coa banda de música de Vilagarcía e o Tercio de Cornetas e Tambores da Confraría Segunda Estación. Ó remata-lo percorrido terá lugar no atrio da igrexa parroquial o Santo Encontro e ás dez e media adoración nocturna. O venres ás doce e media da mañá dentro da paraliturxia terá lugar o concerto de Venres Santo coa participación de Alfonso Galbán, Jorge Ortal e a soprano María Dolores Crespo. Ás sete da tarde serán os Santos Oficios e ás oito a procesión do Santo Enterro e Vía Crucis. A celebración da Vixilia Pascual do sábado será ás dez da noite e as misas do domingo ás once e doce e media.

    En Sanxenxo destaca a procesión do Santo Sepulcro que será o venres ás nove e media da noite dende o novo templo, e en Nantes o mesmo venres ás seis haberá escenificación do Viacrucis e o sábado ás dez da noite representarase a Resurrección e a Bendición do Lume e a Auga.

    En Vilanova de Arousa o xoves haberá Cea do Señor ás oito e Hora Santa ás dez e media, anque os actos principais serán o venres. Comezarán ás dez e media da mañá co Vía Crucis de xóvenes. Ás seis e meia da tarde oficios de Venres Santo, ás sete e media Desencravo e procesión do Santo Enterro. E ás dez e media proxectarase a película de Mel Gibson ‘La Pasión’ na praza da Pastoriza ou se chove na igrexa parroquial. Xa o sábado ás sete e media da mañá terá lugar a procesión dos Caladiños e ás dez e media da noite a Vixilia Pascual. O domingo volverá a ser día grande en Vilanova coa celebración da Encarnación. A misa solemne será á unha. Despois haberá a tradicional degustación de ronscón con viño doce e ás seis e media da tarde procesión. Pola noite haberá verbena coas orquestras Atracción, Bambola e Suavecito.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR