A praia do Castro acolle esta fin de semana o campionato Galego de Windsurf

RIBEIRA> O Campionato está organizado polo Club de Windsurf 4 Ventos en colaboración coa colaboración da Federación Galega de Vela e o concello de Ribeira. Será nas disciplinas de Formula, Bic Techno, Escola e Raceboard.

A praia de Castro acollerá esta fin de semana ó Campionato Galego de Windsurf. A organización desta proba corre a cargo do Club Catro Ventos, con sede en Castiñeiras en colaboración co Concello e a Federación Galega de Vela. Haberá catro modalidades en competición: Formula, Bic Techno, Escola e Raceboard cunha previsión de participantes de ó redor duns 50 deportistas.

Dende o Concello destacaron o traballo que realiza o Club, non só pola organización deste Campionato senón tamén ser un “motor” para a práctica do windsurf no municipio.

As inscricións para poder participar seguen abertas, podéndose realizar ata o próximo mércores. Na xornada do venres está previsto os adestramentos libres, mentres que as xornadas do sábado e do domingo están reservadas xa para a propia competición.

O club anfitrión, o Catro Ventos,  participara con Elena Fernandez Dorgambide e Estela Rios Fernandez na categoría sub17 na modalidade de Bic Techno, e con cinco regatistas na disciplina Formula: Carlos Lopez Torrado, Juan Parada, Enrique Tapia, Paulo Bueno Capeans e Adrian Lijo Santos. Para estes dous últimos será o primeiro Campionato que disputan.